Visitas

1 de setembro de 2014


LEMBRANDO

Hai exactamente corenta anos (contados por meses) eu era un neno de apenas seis anos que ía entrar en primeiro ano da extinta EXB, no Colexio Calasanz da miña cidade (e onde estiven os oito anos que duraba a tal EXB)

Teño moi boas lembranzas de todo aquel tempo, malia o tempo decorrido desde aquela. Gardo especial recordo dun profesor, xa xubilado, Juan Sebelón Ferreiro, que me dera aulas en cuarto ano e que foi, no sentido literal e total da palabra, un mestre.

Moitas cousas mudaron desde aquel xa afastado mes de setembro de 1974 (aínda vivía Franco!) e só de pensar que a xente que, daquela, tiña a miña idade actual agora anda polos oitenta e seis outonos, éntrame un arreguizo no espiñazo que me percorre todo o corpo como un lóstrego.

Ningún comentario: