Visitas

1 de setembro de 2014


MÁ SORTE A ÚLTIMA HORA

Este ano toca mundial de baloncesto. A miña querida selección lituana está competindo sen tres dos seus mellores xogadores: Linas Kleiza, Robertas Javtokas e Mantas Kalnietis, lesionado este último no derradeiro partido de preparación.

Lituania é o país onde o baloncesto é o deporte rei, pero a falta de bases altamente competitivos é un problema desde sempre. Desde 1992 tivo que xogar de base Sarunas Marciulionis, un auténtico adiantado ó seu tempo, pero resulta que este crack non era base, senón escolta. Máis adiante, desde 1997 e xa retirado o anterior xogador, a selección contou co mellor base lituano de todos os tempos: Sarunas Jasikevicius, pero os anos non perdoan e agora temos un base moi competitivo: Mantas Kalnietis. Pero a má sorte fixo que deslocase unha clavícula e tivo que dicir adeus ó mundial antes de dicir olá.

Aínda así, non perdo a esperanza de que a miña selección quede entre as catro primeiras. Co mellor plantel posible, aspirariamos a medalla con toda certeza.

Selección lituana de baloncesto:  http://en.wikipedia.org/wiki/Lithuania_national_basketball_team_at_the_2014_FIBA_Basketball_World_Cup

Mantas Kalnietis: http://en.wikipedia.org/wiki/Mantas_Kalnietis

Ningún comentario: