Visitas

4 de setembro de 2014


ANDREA

Estou falando da miña tartaruga, que é o meu 'animal de estimação' como din en Portugal.

Ten dez anos e sempre tivo unha saúde de ferro. Unha vez, cando só tiña un ano, escapouse da súa minipiscina e eu veña a procurala pola casa adiante infrutuosamente, até que un día 'apareceu' debaixo dun armario, concretamente seis días despois e chea de po. Miña pobre!

Agora ten unha piscina enorme que merquei nos chineses por catro cadelas e de aí non se safa. Claro, cos anos foi medrando. Teño un caldeiro de dez litros que encho con auga da billa, pero como a auga da billa leva cloro a esgalla, o que fago é deixala repousar vinte e catro horas, así o cloro marcha todo.

Cada día, cando lle dou de comer, só de mirar o bote da comida, comeza a patalexar na auga coa famiña que ten, pero teño que andar con ollo e darlle o alimento xusto que precisa diariamente, porque do contrario podería pillar algún mal de tipo dixestivo (as tartarugas desta especie fan como os cans, non teñen medida, tocante á comida)

Ai, que me esquecía. A especie á que pertence é PSEUDEMYS SCRIPTA.

Ben, deixo unha foto dela:

Ningún comentario: