Visitas

17 de setembro de 2014


Aquostic

AQUOSTIC

Eis o nome do álbum que a lendaria banda Status Quo sacará ó mercado xusto de agora nun mes.

Trátase dun disco de autoversións de temas clásicos do grupo, pero con son e guitarras acústicas e non un traballo de temas novos.

Persoalmente paréceme unha magnífica idea, despois de corenta e oito anos de traxectoria e trinta e dous álbumes de estudio (contando o ano e o traballo actuais)

Non oculto que este é o meu grupo preferido e xa estou debecendo por escoitar eses vellos -ou non tan vellos- temas nun formato ben diferente... E nada menos que vinte e cinco cancións.

Isto promete!!!!


Ningún comentario: