Visitas

Amosando publicacións coa etiqueta Política. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Política. Amosar todas as publicacións

9 de outubro de 2014


A GRAN FARSA AUTOANÉMICA

Onte houbo debate sobre o estado da nación, aínda que o que se escenificou por parte do peor presidente da historia da Xunta foi unha farsa non autonómica, senón autoanémica.

Nunca tan mal estivo este país. Nen sequera durante o fraguismo. A nación galega está en estado de colapso, como moi ben analisa Beiras nas súas intervencións.

Frijol (ou Habichuela) semella o rei Minos, masacrando á xente do común para que a Troika estexa satisfeita. Dá noxo tamaña falta de escrúpulos.

19 de setembro de 2014


A LECCIÓN DO REINO UNIDO

Nas últimas eleccións ó parlamento escocés gañou, obtendo a maioría absoluta, o SNP, claramente independentista. Unha promesa electoral desa formación política era a celebración dun referendo ou plebiscito sobre a independencia de Escocia (Alba, en gaélico escocés) no caso logo resultante: maioría absoluta nesas eleccións.

O primeiro ministro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, lonxe de soltar insultos e ameazas, sentouse a falar co presidente do parlamento escocés. A conclusión á que chegaron foi a máis lóxica e normal nun contexto democrático: o pobo escocés sería interrogado sobre este tema.

Ben, isto ocorreu onte. Gañou o non á independencia escocesa por 10 puntos porcentuais. A min gustaríame que gañase o si, pero, afortunadamente, os destinos dun pobo, o escocés neste caso, decídeos a maioría dese pobo, previa consulta. Por tanto, nada que dicir. Xa haberá oportunidade de facer outro referendo (non sei cantos anos teñen que pasar, segundo a ONU), do mesmo xeito que xa houbo varios plebiscitos en Noruega pola entrada ou non na Unión Europea (así a chaman), coido que tres até a data, e en todos eles a maioría do pobo noruegués dixo que non querían saber nada da chamada Unión Europea. Sirva este exemplo a modo de idem.

Hai que ter en conta que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte é un estado federal, constituído, tamén legalmente, por catro nacións: Inglaterra (England), Gales (Cymru), Escocia (Alba) e Irlanda do Norte, aínda que esta última non é unha nación, do mesmo xeito que tampouco non o é a independente República de Irlanda. A nación irlandesa é toda Irlanda (Eire, en gaélico irlandés)

Consecuentemente, e se tomamos como exemplo o fútbol, resulta que non hai selección do Reino Unido (abrevio), mais si catro seleccións, unha por cada nación.

Todo isto é completamente democrático... nada a ver co que ocorre nos estados español, francés e italiano, onde se criminaliza o dereito de autodeterminación.



10 de setembro de 2014


TRIAR DEMOCRÀCIA. DES DE GALÍCIA

Ha arribat l'hora. Catalunya ha de triar. Front als atacs constants dels estats espanyol i francès, la ciutadania de tot Catalunya (inclosa la del Nord i la de Ponent) ha de dir si vol continuar arraconada, esmicolada  i menystenida o bé ser lliure, és a dir, tenir el seu propi estat independent.

Com a independentista gallec, em solidaritzo amb el poble català tot recolzant la seva independència. Som uns quants gallecs i gallegues ficats en aquesta tasca enguany. Fins i tot existeix una associació d'amistat o agermanament entre Galícia i Catalunya, a favor d'anar cap a un procès democràtic, sense embuts, amb la força de la paraula i amb un projecte net i clar, la República de Catalunya.

No debades, la primera força a les darreres eleccions a la Catalunya administrativa ha estat ERC, partit polític clarament independentista, cosa que no passava des de l'època dels presidents Macià i Companys.

Salut i independència, poble català: teniu la força de la llibertat, si així ho voleu. França i Espanya, si es consideren democràcies de debò, hauran de respectar el que digui el poble català i no posar-hi entrebancs de cap de les maneres.

www.galizaconcatalunya.org